mércores, 20 de febreiro de 2013

Michael Nadeau

O Mestre Nadeau Traballando (artcuero.com)
Os tres cegos (artcuero.com)


O vindeiro venres 22 nos visitará un dos Artesáns- Artistas que participa na nosa exposición "100x100 Coiro", Michael é un mestre no seu, no noso, o coiro... Aquí vos deixo unas preguntas que lle fixemos con motivo da Exposición...

¿Como empezaches no coiro?, ¿como descubriches o nobre material?Co oficio do coiro o empecei hai 20 anos cando vivía en Málaga concretamente en Fuengirola onde a casa da cultura realizaba un curso de coiro artesán. Lonxe do que podería esperar, este curso impartíao un Mestre con maiúsculas chamado Claus Hougaard, danés de orixe. Este señor, ao que cheguei a coñecer un pouco nos sucesivos meses, comezara como artesán de coiro pero xa en realidade se dedicaba á arte conceptual onde utilizaba coiro entre outros materiais. Como a moitos artistas soñadores pasara un mal refacho e por iso viuse forzado entre comiñas a impartir este curso de coiro artesán. Despois de 20 anos nisto do coiro como afeccionado e logo profesional cheguei a coñecer un amplo abano de artesáns de todo o mundo e Claus é sen dúbida o que realizaba os traballos mais impresionantes cunha comunicación e lectura do coiro insuperables, co mínimo numero de ferramentas practicamente só coas súas mans. O seu carácter sumamente persoal e intimista fai moi difícil encontrar material sobre o seu traballo.Do comentado ata agora pódese deducir cuales son as seguintes respostas das preguntas "que ten o coiro que non ten outro material" e "técnica favorita". O coiro ten vida ou polo menos a xuízo mais vida que outros materiais orgánicos. Non fai falta sopretes, fornos nin elaboradas ferramentas para crear vida no coiro, cun anaco de material natural só curtida sen mais, humedecéndoa, retorcéndoa, falándoa pódese conseguir algo que che conta unha historia. Xa se que soa un pouco tolo, como eses que lles falan ás plantas pero para o meu é algo así.




¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?






Casco Modelado (artcuero.com)


Pezas que me gustaría facer pois moitas, moitas. Agora estou a preparar unhas pezas para unha exposición que vou chamar "reencuernacion" un xogo de palabras entre reencarnación, corno e coiro onde pretendo volver "darlle vida" ao coiro en forma de personaxes con cornos en memoria dos moitos animais ornamentados dos que aproveitamos a pel. Esta o minitauro (marioneta tamaño real do personaxe mitolóxico), muflon burlon, muflon bufón, new (ñu resucitado), unicoño (unicorne, non vou entrar en detalles) centaurion ou gladiathor etc. Un globo terraqueo xigante en modelado ao corte tamén me gustaría facer.

Que consello lle darías a alguén que está a empezar.O único consello que se me ocorre para os que están a empezar é intentar non imitar porque o coiro ten infinidade de posibilidades non explotadas aínda, é cuestión de atreverse, investigar e non desistir aínda que ao principio non saia nada interesante.

¿Tes algunha ferramenta "especial"?

Ultimamente estou a facer as miñas propias ferramentas para o repuxado, moldeado e modelado basicamente de corno e óso xa que encontro que estes materiais reaccionan moi ben coa pel quizais por iso de que inicialmente pertencían a este ser vivo.

Gargantilla e brazalete (artcuero.com)


Ningún comentario:

Publicar un comentario